Advertisement
Danza contemporánea Como bailar sobre ruínas, exumar arqueoloxías estupradas, en comuñón exhalando e destilando melancolías e nostalxias? Un palimpsesto a sangrar, bordado en nervios de resistencia? Como metamorfose e presenza fráxil irrompe unha hypokeímenon poética no amago da phýsis, un eido evanescente entre o devir e a imutabilidade, kairós que tremula a Taciturna. Presenza telúrica que mutila e acaricia movéndose de limiar en limiar coa ferocidade dun espasmo, coito en sussurro co baleiro que ascende, abrazo en voo e invasión sutil, ruptura tanxible, lámina de erupción xorda, chama reflectida en auga, puñal que rasga e cega as linguas da pel con tenrura, morde músculos segundo a segundo. Convulsiona limiares-feridas onde o presente se desagrega, se multiplica en cempés de medo, ser-para-a-morte, ser-para-o-gozo, entrelazado de circunvolucións que se violan unha a unha, regurxitando e vomitando con violencia o fráxil baleiro do agora. Dobre sentido de tempo e don, o presente é unha ofrenda precaria que se devora na voracidade, na furia suavizada por melancolía que amarra e lambe momento a momento o instante e o fin. O eterno conflito entre pasado, presente e futuro, só un orgasmo ontolóxico que de encruzillada en encruzillada confronta e excita a finitude. O presente fráxil macera-se en profanacións coa consciencia dilacerada dunha flor decapitada cos dentes. Báilase entre limiares – entre ser e non-ser, desexo e baleiro, vida e morte, a transitoriedade unha carne amada e astillada que revela a beleza do caos que nun De limiar en limiar, a danza dá a parir momentos irrepetibles non cancelables polo terror, metamorfoseando urxencia apocalíptica en supervivencia sobre os cadáveres, transmutando fragmentos en infinitudes vulnerabless, colapso en resurreción, fin como xénese.
Intérpretes:
Ethel Desdames, Lucia Marrodan, Marta Pieczul, , Ethel Desdames e Sara Miguelote
Equipo artístico/técnico:
Dirección, Coreografia, Dramaturxia e Formación: Hugo Calhim Cristóvão & Joana von Mayer Trindade
Deseño de Luz: Luís Ribeiro
Vestiario: UN T
Escenografia: NuIsIs ZoBoP & UN T
Deseño de Son: João Oliveira & NuIsIs ZoBoP
Sonoplastia Paulo Costa & Nuisis Zobop
Teoria e Filosofia: Hugo Calhim Cristóvão, Joana von Mayer Trindade, Celeste Natário, Carlos Pimenta, Cláudia Marisa, Cristina Aguiar, Ezequiel Santos, Hugo Monteiro, Rui Lopo, Mário Correia, Nuno Matos Duarte, Elter Carlos Manuel, Chris Page, Afonso Becerra, Armando Nascimento Rosa, Madalena Xavier, Ana Coimbra Oliveira, Paulo Azevedo e Sofia Vilar Soares
Vídeo: Os Fredericos
Fotografia: Alípio Padilha e João Peixoto e José Caldeira
Produción Executiva: Cristina Aguiar & NuIsIs ZoBoP
Duración: 50 minutos
Advertisement
Event Venue
Rúa Rego de Auga, número 37, 15001 A Coruña, Spain, Biblioteca da Deputación da Coruña, Rúa Riego de Agua, 37, 15001 A Coruña (A Coruña), España, A Coruña, Spain
Tickets
Concerts, fests, parties, meetups - all the happenings, one place.








