Curso de Interpretación en Vigo

Mon, 06 Oct, 2025 at 08:00 pm UTC+02:00

Vigo, Galicia, Spain | Vigo

De Ste Xeito
Publisher/HostDe Ste Xeito
Curso de Interpretaci\u00f3n en Vigo
Advertisement
De Ste Xeito é unha compañía radicada en Vigo que ao longo dos seus 8 anos de vida levou as táboas espectáculos como Loló e mamá, Running, Feminíssimas, Back up, ou Neura sumando máis de 300 representacións, principalmente en Galicia, pero tamén Asturias, Pais Vasco, Castela León e Aragón.
Durante o curso 2025/26 queremos levar, en colaboración coa escola Arte y Danza, a nosa experiencia como profesionais da cultura a todas aquelas persoas que desexen adestrarse no mundo da interpretación teatral dun xeito lúdico e creativo.
🔸 TRABALLO COLECTIVO E ATENCIÓN INDIVIDUAL:
Na nosa traxectoria como compañía, a creación colectiva é de vital importancia. Polo tanto, tentaremos favorecer a colaboración e posta en valor da diferencia coa finalidade de crear espazos de creación en liberdade e respecto.
🔸 OBXECTIVOS PRINCIPAIS:
▪️ Estimular a imaxinación e desenvolver a creatividade
▪️ Superar bloqueos de expresión e traballar a desinhibición
▪️ Desenvolver as propias capacidades e adquirir novos recursos expresivos.
▪️ Adquirir destrezas básicas en dicción e expresión oral
▪️ Coñecer ferramentas prácticas para o análise de textos dramáticos
▪️ Traballar desde o propio corpo cada quen segundo as súas posibilidades
▪️ Adquirir dun xeito práctico e lúdico ferramentas básicas para interpretar textos dramáticos clásicos e contemporáneos
🔸 TEMPORALIZACIÓN:
▪️ Luns de 20:00 a 22:00 horas.
4 sesións /mes. (Nos meses que por festividades diversas non sexa posible completar as 4 sesións, será posible recuperalas de acordo co grupo e a dispoñibilidade da escola).
As clases darán comezo o 6 de outubro de 2025.
🔸 GRUPOS DE 10/12 PERSOAS (maiores de 16 anos)
Traballaremos en grupos reducidos co fin de permitir unha atención o máis individualizada posible.
🔸 PREZO: 70 euros/mes
Non se solicita ningún pago en concepto de matrícula.
Dado que as prazas son limitadas, solicítase unha reserva de 20 euros a descontar da primeira mensualidade. Dito pago poderá realizarse por Bizum a calquera dos números de contacto especificando NOME e RESERVA CURSO ou ben de maneira presencial nas oficinas da escola 📌 ARTE y DANZA.
RESERVAS PREVIAS E MÁIS INFORMACIÓN
☎️ 660147486 ou 607374977 ou vía ✉️ Email: [email protected]
🔸 PROFESORADO:
Stephy Llaryora e Sergio Macías son os encargados de impartir este curso. Formados na Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid acumulan 20 e 30 anos de profesión teatral. respectivamente participando en infinidade de espectáculos en compañías públicas e privadas.
Advertisement

Event Venue & Nearby Stays

Vigo, Galicia, Spain

Discover more events by tags:

Dance in VigoSports in VigoArt in Vigo

Sharing is Caring:

More Events in Vigo

Miguel Rios in Vigo
Fri, 10 Oct at 08:00 pm Miguel Rios in Vigo

Teatro Afundación Vigo

Death-Bringer-Cochambre-SulfAtar
Sat, 11 Oct at 08:45 pm Death-Bringer-Cochambre-SulfAtar

Pub Transylvania Vigo

Cl\u00e1sicos Beade Mensual
Sun, 12 Oct at 10:30 am Clásicos Beade Mensual

Iglesia De Beade

Charla: FILOSOF\u00cdA DE LA INDIA, Comprendiendo la Vida y Afrontando la Muerte
Thu, 16 Oct at 07:30 pm Charla: FILOSOFÍA DE LA INDIA, Comprendiendo la Vida y Afrontando la Muerte

Avda. Gran Vía, 2 - 3º Vigo,Vigo,36203,ES

Metrika in Vigo
Fri, 17 Oct at 08:30 pm Metrika in Vigo

Mondo Club

Maru Candel en Vigo!
Fri, 17 Oct at 09:00 pm Maru Candel en Vigo!

Cine Teatro Salesianos Vigo

Vigo is Happening!

Never miss your favorite happenings again!

Explore Vigo Events