Advertisement
De Juan Rodríguez e Laura SarasolaOs irmáns Seoane (Nieves e Fernando) correteaban alá polo 1942 pola mercería A Crisálida, recentemente traspasada a súa nai. A mercería xa era, por aquel entón, unha das máis destacadas do comercio coruñés. Nela destacaban os seus escaparates, abarrotados de medias, mantillas ou mantóns. Pasados os anos, os Seoane tomaron o relevo da mercería e convertéronse rapidamente nun dos máis queridos entre a clientela da céntrica rúa de San Andrés. Os irmáns parecían saídos dunha película de Jean Pierre Jeunet. Cando pedías un botón, unha cremalleira ou un par de calcetíns, desaparecían na trastenda; ao pouco, aparecían cunha torre de caixas amarradas por unhas longas gomas elásticas, e cun ritmo doutro tempo, dispoñíanse a ofrecer a súa ampla variedade de material. Ir á Crisálida significaba entrar noutra realidade, era “unha mercería con atmosfera de museo ou gabinete de curiosidades”, como a definiu Luis Pousa no seu relicario de rúas de Atlantic City. No 2016, por obras de rehabilitación do edificio onde se situaba o comercio, A Crisálida tivo que trasladarse a un baixo próximo da mesma rúa.
Con Laura Sarasola Pontón, Josito Porto, Juan Rodríguez, Beatriz Deus Bouzas
Dirección: Olga Margallo
Produción de Caramuxo Teatro
Advertisement
Event Venue & Nearby Stays
Rúa Rego de Auga, número 37, 15001 A Coruña, Spain, Biblioteca da Deputación da Coruña, Rúa Riego de Agua, 37, 15001 A Coruña (A Coruña), España, A Coruña, Spain
Tickets
Concerts, fests, parties, meetups - all the happenings, one place.






